O Xuvenil A encarrilou o seu partido ante o CD Choco cun gol de Guerrero aos 3 minutos
Un gol de Guerrero aos 3 minutos encarrilou o partido do Xuvenil A ante o CD Choco (3-0) no campo principal de Abegondo, correspondente á 13ª xornada na División de Honra.
Ayman na recta final do primeiro tempo e Álex Delgado no tramo inicial da segunda metade sentenciaron o encontro ante un rival que transita tamén pola zona alta da clasificación.
Con este resultado, o conxunto de Manuel Pablo suma 29 puntos e segue a 1 punto do liderado.
Xuvenil A: Rodrigo, Hugo Torres, David, Amin, Carletto, Mardones, Noé, Ayman, Zoe, Guerrero e Pablo García. Tamén xogaron: Dani Estévez, Manu Ferreiro, Álex Delgado, Álvaro e Rubén.
A próxima fin de semana, o Xuvenil A visita a un dos 'fanfurriñeiros' do grupo, o Real Oviedo.
Os resultados até a data do Xuvenil A son os seguintes:
Veriña CF 1 - Xuvenil A 2 (Carreira e Hugo Villaverde) Xuvenil A 3 (Domínguez, Mardones e Carreira) - SD Compostela 4 RC Celta 2 - Xuvenil A 2 (Álex Delgado e Domínguez) Xuvenil A 2 (Hugo e Manu Ferreiro) - Real Racing Club 2 Coruxo FC 0 - Xuvenil A 5 (Álex Delgado, Vilela, Domínguez, Guerrero e un futbolista rival en propia meta) Xuvenil A 8 (Álex Delgado -2-, Ayman -2-, Manu Ferreiro, Guerrero, Domínguez e un futbolista rival en propia meta) - SD Revilla 1 Xuvenil A 1 (Domínguez) - Sporting de Gijón 0 CD Covadonga 2 - Xuvenil A 1 (Mardones) Xuvenil A 6 (Dani Estévez -2-, Carlos, Ayman, Álvaro e Noé) - Bansander 0 Atlético Perines 0 - Xuvenil A 1 (Domínguez) Xuvenil A 2 (Guerrero e Manu Ferreiro) - Arosa SC 1 CD Lugo 0 - Xuvenil A 2 (Ayman -2-) Juvenil A 3 (Guerrero, Ayman e Álex Delgado) - CD Choco 0