RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Xuvenil A saberá mañá luns quen é o seu rival nos cuartos de final da Copa de Campións

O Xuvenil A coñecerá mañá luns 7 de xuño, ás 11:00 horas na sede da RFEF na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid), ao seu rival nos cuartos de final da Copa de Campións.

Nesta competición participan os sete campións dos sete grupos da División de Honra e o mellor segundo de todos os grupos.

Esta rolda de cuartos de final será a dobre partido e a orde de campos virá determinada pola orde da extracción das bólas nun sorteo puro. As datas para os partidos son os domingos 13 (ida) e 20 de xuño (volta).

Neste sorteo tamén se determinará o cadro clasificatorio das semifinais e final, que será en sede única, formato 'Final Four', do 24 ao 27 de xuño.

Ademais do Xuvenil A, xa se clasificaron Athletic Club (Grupo 2), Málaga CF (Grupo 4), Atlético de Madrid (Grupo 5), UD Las Palmas (Grupo 6), Levante UD (Grupo 7) e Real Madrid, como mellor segundo (Grupo 5). O grupo 3, no que manteñen opcións FC Barcelona, RCD Espanyol e Real Zaragoza, definirase o vindeiro xoves 10.

O Xuvenil A accede á Copa de Campións como campión do Grupo 1 con 53 puntos; por diante do RC Celta (51 puntos) e Sporting de Gijón (50 puntos).

Agora chega o reto da Copa de Campións para o equipo que dirixe Óscar Gilsanz, a guinda a unha gran temporada para o buque insignia de #ANOSACANTEIRA.