O Xuvenil A visitará ao Real Mallorca en Copa o mércores 14 ás 19:00 en Son Bibiloni
O Xuvenil A visitará ao Real Mallorca nos cuartos de final da Copa del Rey, a partido único, o mércores 14 de febreiro ás 19:00 en Son Bibiloni, Ciutat Esportiva Antonio Asensio.
Os branquiazuis eliminaron nesta edición ao Athletic Club (0-1) e á UD Las Palmas (3-1).
Pola súa banda, os mallorquinistas superaron en dezaseisavos ao Arucas CF-98 (5-1) e en oitavos ao Vilarreal CF (1-2).
O vencedor desta eliminatoria clasificarase para a final a catro prevista do 6 ao 10 de marzo nunha sede por determinar.
Antes desa cita copeira, o conxunto de Manuel Pablo medirase este sábado 10 de febreiro ao Coruxo FC en Abegondo (17:30) en partido correspondente á 20ª xornada no grupo 1º da División de Honra.