RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O xuvenil Amin concluíu a concentración de Marrocos sub-20 con outro triunfo ante Mauritania

Amin Mustapha Rajouni, defensa do Xuvenil A, concluíu hoxe venres unha concentración coa selección sub-20 de Marrocos que arrincara o pasado luns.

O canteirán branquiazul disputa estes días dous amigables ante Mauritania sub-20 no Complexo Mohammed VI en Rabat.

O último foi hoxe venres, resolto con triunfo marroquí por 3-0. Amin xogou 60 minutos.

O primeiro dos partidos de preparación foi o pasado mércores. O defensa do Xuvenil A xogou completo un partido que finalizou tamén con clara vitoria (4-0) marroquí.

Amin regresa á Coruña mañá sábado e o domingo porase ás ordes de Manuel Pablo para #ONOSODERBI da División de Honra en Abegondo ante o RC Celta (17:00, Youtube RC Deportivo).

Os resultados de Marrocos sub-20 foron os seguintes:

Mércores 24 de xaneiro
MARROCOS 4 - MAURITANIA 0

Venres 26 de xaneiro
MARROCOS 3 - MAURITANIA 0