RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Oito partidos en ANOSACANTEIRA mañá sábado, co Dépor ABANCA B en Oviedo

Mañá sábado hai partido oficial para un total de 8 equipos de #ANOSACANTEIRA. De todos eles destaca a visita do Deportivo ABANCA B ao Real Oviedo Femenino B (18:00 horas).

Ao no ter partido o primeiro equipo por parón en Primera Federación Iberdrola, Óscar Orro, técnico branquiazul, poderá contar coas futbolistas que están en dinámica do Dépor ABANCA como Paula Monteagudo, Paula Novo, Lucía Rivas, Carmen Carballada (na foto da noticia as 4) e Michi Apóstol. Todas elas xogaron onte xoves co Dépor ABANCA no amigable en Astorga ante o Athletic Club B de Liga F.

Irene Ferreras mostrouse "moi contenta" coa actuación da internacional venezolana ante o equipo vasco. "Xogou 30 minutos controlando cargas porque xoga esta fin de semana co filial. Vina con moito descaro, con moito talento individual. É unha xogadora diferente, que encara, que se atreve, que ten moita personalidade. Sorprendeume a faceta defensiva na que foi contundente, agresiva. Crin que aí ía estar moi limitada e sorprendeume moi positivamente", afirmou a adestradora branquiazul.

Completan a citación do filial: Martina Rivas, María Calvo, Elena Vázquez, Lucía Mariño, Sara Cercido, Laura Testa, Maca González, Laura Otero, Noela e Elena López 'Cusi'; ademais de Yaiza García, Noelia Mayo e Laura Santos, xuvenís do Orzán SD.

Ademais dos alevíns na Torre, xogan en Abegondo o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, ante o CD Boiro (12:15); e o Infantil, ao mando da División de Honra, fronte ao Victoria CF (10:15).

Fóra de casa o Orzán SD Cadete Femenino, primeiro clasificado na Liga Galega, visita á SD O Val (16:00 en Narón); o Orzán SD Infantil B Femenino ao SCD Milagrosa (12:00 en Lugo); e o Xuvenil Á o Sporting de Gijón (16:00 en Mareo) en plena pelexa polo título da División de Honra.

Xa o domingo a atención está centrada no Fabril, que cumpriu o pasado mércores 110 anos. Recibe ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) ao Ourense CF, 2º clasificado após o Pontevedra CF e claro aspirante ao ascenso.

Óscar Gilsanz poderá contar, salvo contratempo físico, con Kevin Sánchez, quen xunto a David Mella estivo concentrado coa selección española sub-19 para disputar dous partidos amigables ante Noruega no Estadio Guillermo Amor de Benidorm.

O dianteiro fabrilista tivo minutos nos dous amigables. No de onte xoves foi titular e anotou o gol do triunfo español.

Así mesmo Martín Ochoa xa se adestrou hoxe co Fabril e o técnico decidirá ao finalizar a sesión de mañá sábado se convoca a Diego Gómez: "Incorporouse esta semana ao traballo co resto do grupo. Aínda é pronto. Veremos mañá se está para poder entrar na convocatoria. Mañá valoraremos", advirte Óscar Gilsanz.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva para o partido.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

A xestión pode realizarse até completar o aforamento. 

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

O domingo 25, ademais do Fabril, o Orzán SD Xuvenil Femenino, en loita polo liderado da Primera Autonómica, recibe á SD O Val (16:00 na Torre); o Orzán SD B sub-16 Femenino ao Cultural Maniños (16:00 na Torre); o Orzán SD Infantil A Femenino ao Victoria FC (12:00 na Torre); e o San Tirso SD Cadete ao Pabellón Ourense CF (12:00 no Monte).

No Orzán SD Xuvenil Femenino será baixa Dunia Dahmouni, concentrada coa selección de Marrocos sub-17 con motivo duns adestramentos no Complexo Mohammed VI en Rabat.

Así mesmo, o Cadete, líder da División de Honra, mídese en Pontevedra ao Salgueiriños CF (12:00); e o San Tirso SD Infantil en Lugo ao CD Lugo (12:00).

Finalmente, o Alevín arrinca ante o Atlético Coruña Montañeros CF (10:15) a súa participación no grupo norte do Trofeo Luis Calvo Sanz de fútbol 11.

Os rivais do conxunto deportivista serán, ademais do 'Monta', o UC Cee, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Ural Español CF, CD Lugo, CD Calasanz, Galicia Caranza, SD Residencia, ED Luis Calvo Sanz e Victoria CF.

O formato de competición é de liga a unha soa volta, e o campión disputará a final do trofeo a un partido contra o campión do grupo sur.

A semana en #ANOSACANTEIRA abriuno o martes o Fabril FC Benxamín, xa campión do subgrupo 2º da Primera A Coruña de fútbol 8. Os fabrilistas impuxéronse ao ED Luis Calvo Sanz (2-0) en partido adiantado ao fin de semana.

E o mércores, o Infantil impúxose (4-1) ao CD Calasanz B de categoría cadete nun amigable disputado na Cidade Deportiva.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
21ª xornada: REAL OVIEDO FEMENINO B - DEPORTIVO ABANCA B, mañá sábado 24 de febreiro ás 18:00 no campo 2 de HFE TENSI (Oviedo)
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 54 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 44 puntos; 3. Sárdoma CF, 38 puntos... 10. Real Oviedo Femenino B, 23 puntos...

20ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - SD O VAL, o domingo 25 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 41 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino, 40 puntos; 3. SD O Val e Lóstrego CF B, 37 puntos...

20ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - CULTURAL MANIÑOS, o domingo 25 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica: ...9. UD Carral e UC Cee, 28 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino, 24 puntos; 12. Silva SD e Cultural Maniños, 19 puntos...

20ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, mañá sábado 24 de febreiro ás 16:00 no campo de O Sinde B (Narón)
Clasificación da Liga Galega cadete, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 54 puntos; 2. Victoria CF, 48 puntos; 3. Escuela FB Amistade, 45 puntos; 4. SD O Val, 40 puntos...

20ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - VICTORIA FC, o domingo 25 de febreiro ás 12:00 na Torre (campo 2)
20ª xornada: SCD MILAGROSA - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, mañá sábado 24 de febreiro ás 12:00 no campo Luis Gorgoso (Lugo)
Clasificación da Liga Galega infantil, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A Femenino, 50 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 49 puntos; 3. Racing de Ferrol (un partido menos), 43 puntos; 4. Victoria FC, 40 puntos... 6. SCD Milagrosa, 30 puntos... 10. Arzúa FCF, 20 puntos; 11. Sporting Burgo e Orzán SD Infantil B Femenino, 14 puntos; 13. AD Cristo Rey, 10 puntos...

Segunda Federación
24ª xornada: FABRIL - OURENSE CF, o domingo 25 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 2. Ourense CF, 47 puntos... 9. Coruxo FC e Real Valladolid Promesas, 29 puntos; 11. Marino de Luanco, 28 puntos; 12. Fabril, 27 puntos; 13. Racing Villalbés, 26 puntos; 14. Real Oviedo Vetusta, 25 puntos; 15. RS Gimnástica de Torrelavega, 24 puntos...

Categoría xuvenil
22ª xornada: SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, mañá sábado 24 de febreiro ás 16:00 en Mareo (campo 5)
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 50 puntos; 2. RC Celta, 46 puntos; 3. Xuvenil A e Real Oviedo, 45 puntos; 5. SD Compostela, 35 puntos... 7. Sporting de Gijón, 30 puntos...

23ª xornada: XUVENIL B - CD BOIRO, mañá sábado 24 de febreiro ás 12:15 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 58 puntos; 2. RC Celta B, 54 puntos... 18. CD Boiro, 14 puntos

Categoría cadete
21ª xornada: SALGUEIRIÑOS CF - CADETE, o domingo 25 de febreiro ás 12:30 no campo de Agüeiros (Campañó, Pontevedra)
21ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - PABELLÓN OURENSE CF, o domingo 25 de febreiro ás 12:00 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 58 puntos; 2. RC Celta, 49 puntos... 6. Salgueiriños FC, 32 puntos... 9. CD Lugo, 27 puntos; 10. San Tirso SD Cadete, 25 puntos; 11. Coruxo FC, 24 puntos; 12. Pabellón Ourense CF, 23 puntos... 

Categoría infantil
Amigable (mércores 21): INFANTIL 4 (Sergio Infante, Orellana, Raúl e Guille) - CD CALASANZ B (cadete) 1
19ª xornada: INFANTIL - VICTORIA CF, mañá sábado 24 de febreiro ás 10:15 en Abegondo
19ª xornada: CD LUGO - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 25 de febreiro ás 12:00 no Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 52 puntos; 2. RC Celta, 47 puntos... 4. Victoria CF, 33 puntos... 9. Escola Fútbol DSF, 23 puntos; 10. San Tirso SD Infantil, 22 puntos; 11. UD Santa Mariña, 21 puntos... 15. CD Lugo, 11 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 1ª xornada: ALEVÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o domingo 25 de febreiro ás 10:15

16ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - ALEVÍN A, mañá sábado 24 de febreiro ás 9:30 na Torre (campo 1.1)
16ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - CF DEPORTIVO ORZÁN, mañá sábado 24 de febreiro ás 12:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 45 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 37 puntos... 4. Ural Español CF, 29 puntos... 9. CF Deportivo Orzán, 7 puntos...

Categoría benxamín
16ª xornada: BENXAMÍN A - VICTORIA CF, o domingo 25 de febreiro ás 9:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 39 puntos; 2. Victoria CF, 36 puntos... 

16ª xornada (martes 20): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Nico Castro e Leo Galván) - ED LUÍS CALVO SANZ 0
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín (xa campión), 48 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 34 puntos...