RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Olaya Enrique cae da convocatoria da selección española sub-23 por unhas molestias musculares

Olaya Enrique Rodríguez (Avilés, Asturias, 10 de maio de 2005), convocada pola selección española sub-23 esta semana, queda finalmente na Coruña a consecuencia dunhas molestias musculares na coxa dereita que xa lle impediron viaxar co Dépor ABANCA a Eibar esta pasada fin de semana.

A futbolista branquiazul foi sometida a probas médicas no Hospital Quirónsalud A Coruña para descartar unha lesión de maior importancia.

Así pois, a única representante do Dépor ABANCA neste combinado nacional será Ainhoa Marín Martín (Badalona, Barcelona, 21 de marzo de 2001).

A talentosa atacante deportivista incorporouse hoxe luns á concentración de España en Las Rozas (Madrid) para disputar un amigable ante Italia o vindeiro xoves 24 de outubro ás 17:00 na Ciudad del Fútbol.

Ainhoa Marín regresará á Coruña ao terminar o encontro.