RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Semana sen liga e sen as internacionais para o Dépor ABANCA despois de "un punto moi positivo" en Eibar

O Dépor ABANCA, hoxe martes con xornada de descanso, arrinca este mércores 23 de outubro unha semana sen liga e sen a presenza na Cidade Deportiva das súas numerosas internacionais.

As Nosas chegan a este parón polos compromisos das seleccións nacionais na 10ª posición da liga F con 6 puntos. En Ipurúa, Irene Ferreras valora o punto conseguido o pasado domingo en Ipurúa ante a SD Eibar como "moi positivo nun campo moi complicado".

Subliña a adestradora deportivista que "o equipo soubo competir ben"; "foi solvente, soubemos sufrir nos momentos complicados e levámonos un bo punto", engade.

Lembra que "o equipo segue dando unha imaxe moi sólida, está a competir moi ben, aos rivais cústalles moito gañarnos e nesa liña temos moitas garantías para tentar conseguir o obxectivo". 

Irene Ferreras non poderá contar esta semana de traballo en Abegondo con Ainhoa Marín, concentrada coa selección española sub-23; Inês Pereira, con Portugal; Patrícia Hmírová, con Eslovaquia; Irene Altuve e Michi Apóstol, con Venezuela; e Elena Vázquez, coa selección española sub-17 no Mundial da República Dominicana.

Para o resto do cadro haberá esta semana 3 sesións de traballo matinais en Abegondo, con esta planificación:

Mércores 23 de outubro
11:00 h.

Xoves 24 de outubro
11:00 h.

Venres 25 de outubro
11:00 h.

Sábado 26 de outubro
Descanso

Domingo 27 de outubro
Descanso