RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B alcanza o liderado con goleada en casa do Olímpico de León

O Dépor ABANCA B alcanzou o liderado da Tercera Federación cunha goleada (0-4) en casa do Olímpico de León, que chegaba ao partido precisamente á fronte da clasificación.

Michi Apóstol foi unha das protagonistas do encontro ao anotar un dobrete, o segundo deles de espectacular lanzamento de falta directa. Laura Santos e Laura Otero completaron un marcador que deixa clara a superioridade deportivista.

Co resultado deste encontro correspondente á 7ª xornada, o Dépor ABANCA B manda na táboa con 19 puntos por 18 agora das leonesas.

Dépor ABANCA B: Martina Rivas, Vázquez, Redru, Paula Novo, Michi Apóstol, Noe Mayo, Sara Cercido, Paula Monteagudo, Laura Ruiz, Anfal El Yamani e Laura Otero. Tamén xogaron: Laura Santos, Emma Gandoy e Carmen Carballada.

A próxima fin de semana toca un histórico #ONOSODERBI en Abegondo, concretamente o sábado 26 de outubro ás 12:30.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:

CD Villa de Simancas 2 - Dépor ABANCA B 2 (Laura Ruiz e Lucía Mariño)
Dépor ABANCA B 3 (Michi Apóstol, Dunia Dahmouni e Paula Novo) - Victoria FC 0
Sárdoma CF 0 - Dépor ABANCA B 2 (Carmen Carballada e Laura Otero)
Dépor ABANCA B 1 (Paula Monteagudo) - CD Lugo 0
Sporting de Gijón B 0 - Dépor ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Paula Novo)
Deportivo ABANCA B 14 (Laura Otero -3-, Michi Apóstol -2-, Paula Monteagudo -5-, Anfal El Yamani, Laura Santos, Laura Ruiz e unha futbolista rival en propia meta) - CD Romanón 0
Olímpico de León 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Michi Apóstol -2-, Laura Santos e Laura Otero)