RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Oriana Altuve e Michi Apóstol, convocadas pola selección venezolana para disputar dous amigables este mes de outubro

As xogadoras do Deportivo ABANCA Oriana Altuve e Michi Apóstol están convocadas pola selección venezolana de fútbol para disputar dous partidos amigables en Ciudad de México este mes de outubro.

Ambos os partidos servirán de preparación para a Copa América que se celebrará en Ecuador do 12 de xullo ao 2 de agosto.

As Nosas sumaranse á concentración da 'Vinotinto' o vindeiro luns 21 de outubro.

O calendario de partidos de Oriana Altuve e Michi Apóstol é o seguinte:

Xoves 24 de outubro
00:00 (hora galega): VENEZUELA - TAILANDIA, no Centro de Alto Rendemento da Federación Mexicana en Ciudad de México

Sábado 26 de outubro
23:45 (hora galega): MÉXICO - VENEZUELA, no Estadio Agustín Coruco Díaz de Zacatepec

O martes 29 de outubro Oriana Altuve e Michi Apóstol regresarán á Coruña.