RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Olaya: "Está claro que imos a por o tres puntos"

Olaya Enrique destacou na sala de prensa de Abegondo a súa ilusión por debutar co Dépor ABANCA o pasado domingo ante o Real Betis Féminas en ABANCA-RIAZOR. A xogadora cedida polo Real Madrid apunta que tivo "mala sorte, porque foi antes do esperado", en referencia á eliminación do Mundial sub-20, pero que "tiña moitas ganas".

Seguindo co mundial, sinala que tivo "a sorte de xogar moitos minutos" e sente "moi agradecida" por chegar até aí.

Para Olaya, o obxectivo principal das Nosas é "manter a categoría" e como obxectivo persoal márcase "obter minutos na Liga F e ir adaptándose á categoría". Tamén valora moito o primeiro punto obtido, a pesar de que a súa intención era "sacar o tres puntos".

Con respecto á afección, a deportivista resalta que "é unha pasada, nótase como a xente apoia desde moi preto" e iso axúdalles moito a seguir.

Doutra banda, a atacante branquiazul confesa que onde máis cómoda sente é na posición de mediapunta, "máis 10 que 8, pero pódome adaptar ás dúas posicións".

Finalmente, asegura que "está claro que imos a por o tres puntos". Ao ser un equipo ao que xa se enfrontaron recentemente no Teresa Herrera, considera que "temos máis opcións".