RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Oriana Altuve: "Temos un grupo moi san e cada día apoiámonos moito nos adestramentos"

Oriana Altuve compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo a dous días do partido ante a Real Sociedad deste domingo 10 de novembro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR (Dazn). A dianteira confesou estar "contenta" polo pase de Copa de la Reina: "clasificarse é un privilexio" e alude ao traballo do día a día como proba da melloría do equipo.

Con respecto ao partido do domingo, Altuve sabe que "a Real Sociedad ten moitos talentos individuais", pero móstrase confiada: "Podemos contrarrestar, é un partido difícil pero non imposible". Ademais, aproveita para facer un chamamento a #ANOSAFORZA para acudir a animar a ABANCA-RIAZOR, "co bonito que é Coruña, pódese dar un paseo pola mañá, ir ao estadio e logo a comer".

A internacional venezolana opina sobre o conxunto donostiarra que "lle gusta ter a pelota", con todo, sabe que o Dépor ABANCA é "moi forte defensivamente" e está convencida de que saberán responder.

No referente ao equipo, confesa que está a evolucionar xa que "temos un grupo super san e cada día apoiámonos moito nos adestramentos". A pesar de empezar con encontros difíciles, Oriana admite que ese nivel lles gusta e "aos poucos imos mellorando".