As Nosas descansan mañá mércores e adéstranse de novo o xoves en Abegondo
Finalizado o partido de Copa de la Reina ante o Real Betis Féminas en Abegondo, As Nosas teñen mañá mércores xornada de descanso. "Estou súper contenta porque aos poucos imos collendo a medida a este tipo de partidos", declarou Irene Ferreras na sala de prensa.
A adestradora branquiazul citou de novo ao seu cadro na Cidade Deportiva o xoves ás 8:20 para almorzar, vídeo e ximnasio; e saltar ao céspede a partir das 11:00. "Seremos críticos seguro porque é nas vitorias cando temos que sacar esas melloras", insiste.
A próxima cita en Liga F para o Dépor ABANCA será este domingo 10 de novembro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante a Real Sociedad (Dazn e Gol Play). "Agora a preparar un partido diferente, contra un equipo que tamén trata moi ben o balón, moi ben adestrado, coas ideas moi claras e que nos vai a esixir moitísimo", concluíu Irene Ferreras.