RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ortolá: "As ganas que teño agora é de ver a este Club e a esta cidade onde se merece, Primeira División"

Adrián Ortolá foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O meta deportivista asegurou que confía "plenamente no equipo. Sabemos que é difícil pero a pesar de non estar ben en partidos anteriores, dependemos de nós. Temos que gañar o luns", en ABANCA-RIAZOR ao Real Mallorca (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV). "Temos que ir partido a partido. Pensamos no luns, en gañar", engade.

Apunta que o seu desexo é que "o equipo consiga o obxectivo, que é o verdadeiramente importante. Ao final o equipo está por encima dos xogadores e que podamos conseguilo".

A nivel persoal, recoñece que está a ser "unha temporada complicada xa que até o momento na miña vida deportiva non vivira esta situación de chegar a estas alturas da temporada e non xogar nin un partido. Pero traballo por e para o equipo; e para min. Se me ten que chegar a oportunidade, estar o máis preparado posible".

Explica así o seu rol no equipo: "O único camiño para ir cara arriba é que os que non xoguemos sigamos apertando aos que xogan. E que o equipo creza e cumpramos o obxectivo".

Agradece as palabras de apoio que lle brindou o seu compañeiro de demarcación, Dani Giménez, en varias roldas de prensa ao longo da temporada: "Hai unha competencia moi sa. E que non xogue é debido tamén a el, que o está facendo moi ben".

Preguntado pola súa conversación cos adestradores desta temporada, tanto Natxo González como José Luis Martí, o porteiro branquiazul indicou que "non me gusta dicilo. Ao final son cousas entre Natxo e eu; e entre José Luis e eu. Débome ao Club e á afección. E por eles sigo traballando para conseguir o obxectivo".

Reitera que o seu futuro "se decidirá o 22 de xuño. Iso será boa sinal. Estou confiado que imos ascender e que aí xa saiba cal é o meu futuro". "As ganas que teño agora é de ver a este Club e a esta cidade onde se merece, que é a Primeira División. O demais é secundario", insiste.