Os equipos do Deportivo lucirán brazaletes verdes esta fin de semana con motivo do Día Mundial Contra o Cancro
Os capitáns e as capitás do Deportivo, Deportivo ABANCA, Fabril, Deportivo ABANCA B e Xuvenil A lucirán brazaletes verdes nos seus respectivos partidos desta fin de semana con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, que se conmemora este domingo 4 de febreiro.
O RC Deportivo súmase á iniciativa solidaria 'Brazaletes de esperanza', lanzada desde a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) coa intención de visibilizar a loita contra unha enfermidade que non distingue cores nin escudos.
Ademais dos brazaletes de capitáns e capitás, o resto de xogadores e xogadoras lucirán unha pequena cinta adhesiva verde, e o Dépor saltará ao céspede de ABANCA-RIAZOR cunha pancarta verde coa frase "A Coruña contra o cancro".
Os partidos do Dépor ante o CF Fuenlabrada, do Dépor ABANCA en campo do SE AEM, do Fabril no feudo do Arandina CF, do Dépor ABANCA B na súa visita ao CD Lugo e do Xuvenil A en Santander fronte ao Real Racing Club tinguiranse de verde en apoio aos miles de pacientes e familias que se enfrontan a esta enfermidade.