RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Os Socios de Ouro, protagonistas do "Día Dé" fronte ao Real Unión Club

O RC Deportivo pechará o vindeiro sábado 25 de maio, no decimonoveno e último partido de Liga en ABANCA-RIAZOR, fronte á Real Unión Club (19:00 horas), a iniciativa "O Día Dé", coa que abre o Palco de Honra do Estadio á afección e á cidadanía. Este último encontro será "O Día Dé Ouro", no que o RC Deportivo convida aos abonados que este curso cumpren 50 anos ininterrompidos como socios.

Jesús Andrés Cabaleiro Méndez, Ramiro Casquero Torre, Luis Ramiro Castro Iglesias, Manuel Enrique Estévez Rodríguez, Ricardo Hortas Iglesias, Fernando Martínez Gómez, Víctor Manuel Meirama Amor, Avelino Pérez Aller, Julio Presedo Gómez, Jesús Francisco Rebollo Capillas, Margarita Rodríguez Sobreira, Enrique Ramón Rosende Pujades e Manuel Santiago Quintero recibirán a súa insignia de ouro e despois terán a ocasión de gozar do partido desde o palco principal do recinto, a localidade máis exclusiva e con mellor visibilidade de ABANCA-RIAZOR.

A invitación do RC Deportivo fíxose extensible aos futbolistas do cadro daquela temporada, a 1973-74, en que os novos Socios de Ouro do RC Deportivo iniciaron a súa singradura branquiazul. Así mesmo, tamén estará presente Daniel Cuiña López, que recibiu hai unhas semanas a insignia de ouro e brillantes do Club ao converterse en Socio de Platino despois de 75 anos como abonado deportivista.

En cada partido en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra foron destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector da afección, para facer a entidade máis próxima e dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.