Óscar Gilsanz cre que o seu equipo agora ten o reto de gañar en casa
Óscar Gilsanz subliñou ante os medios de comunicación que despois de "as boas sensacións do primeiro partido en Avilés agora temos o reto de gañar en casa. Imos xogar aquí en Abegondo e calquera equipo en calquera categoría debe ser un equipo que se faga forte en casa e con esa intención encaramos o partido" deste domingo 10 de setembro (13:00 horas, Youtube RC Deportivo) en ABANCA-RIAZOR ante o Rayo Cantabria.
Do rival, filial do Real Racing Club de Santander, apunta que "é un equipo máis parecido a nós, no que prima a mocidade, con moitos xogadores alternando tamén co primeiro equipo. Na preparación do partido afecta un pouco todo iso".
Por conseguinte, apunta que os rayistas "teñen outras armas distintas ao Real Avilés e temos que pór o foco niso".
Finalmente, reitera Óscar Gilsanz que o feito de que suban xogadores ao primeiro equipo "non é un inconveniente porque o feito de que os rapaces adestren arriba e estean nese ritmo de competición e de adestramentos é bo para todos".