RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pablo Marí fala de "pasiño adiante" e Quique de "loitar até o último punto"

Pablo Marí e Quique González atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de El Sadar.

O defensor deportivista apunta que o Dépor márchase "con sensacións malas porque entramos moi ben ao partido, puxémonos por diante e ao final remóntannos nunha situación na que deberiamos deixarnos a vida para que iso non pase".

No entanto, Pablo destaca que o equipo "deu un pasiño adiante en canto a intensidade, ganas, actitude".

Non se marca ningún obxectivo, "nin de playoff nin de ascenso directo. Todo pasa por un xeral, que é ascender. O primeiro obxectivo é o adestramento de mañá, corrixir cousas e traballar".

Pola súa banda, Quique González lembra que o CA Osasuna "está nunha dinámica moi positiva. Tiveron dúas accións e foron dous goles. Pero non queda outra que levantarse, seguir e loitar até o último punto".

Confesa que o vestiario está "fodido porque queriamos gañar obviamente. Pero a partir de mañá hai que levantarse, unidos todos e a loitar até o último punto. Partido a partido. O seguinte a matar e non pensar nada máis".