Pablo Muñoz, cedido ao Marbella FC de Primera Federación
Pablo Muñoz Crespo (San Sebastián de los Reyes, Madrid, 4 de setembro de 2003), que ampliou recentemente o seu contrato polo Dépor até xuño de 2026, xogará esta temporada cedido no Marbella FC, equipo que milita no grupo 2º de Primera Federación.
O Club quere desexarlle ao atacante madrileño moita sorte e moitos éxitos nesta nova etapa na súa carreira profesional.