RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pablo Trigueros entra na recta final da súa recuperación coas súas primeiras tarefas hoxe co grupo

Pablo Trigueros entra na recta final da súa recuperación. O defensor deportivista comezou esta mañá a realizar tarefas co grupo no regreso ao traballo do Dépor tralo partido ante o Real Unión. A continuación, o central toledano continuou a mañá co readaptador, Álex Canosa.

A xornada de hoxe luns foi a habitual despois de cada partido. Os titulares onte en ABANCA-RIAZOR realizaron tarefas de recuperación: carreira continua, estiramentos e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Para os demais, incluídos os canteiráns Alberto, Yeremay e Iván Guerrero, a sesión foi de alta intensidade, cun quecemento, rondos, unha tarefa de finalizacións e fútbol en espazo reducido.

Víctor e Diego Villares continúan con adestramento personalizado, á marxe do resto dos seus compañeiros.

O primeiro equipo descansa mañá martes e regresa aos adestramentos o mércores 9 de febreiro ás 11:00 en Abegondo.

A próxima cita ligueira, correspondente á 23ª xornada, será o domingo 13 de febreiro en Las Gaunas (12:00 horas, Footters) ante a SD Logroñés.