Álvaro Rey retirouse do terreo de xogo no minuto 62 do partido do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR debido a unhas molestias musculares na súa perna esquerda.
Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo, á vista das probas médicas complementarias realizadas ao atacante deportivista, confirmaron unha lesión muscular no seu bíceps femoral.
Por conseguinte, Álvaro Rey estará os próximos días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará acto seguido á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.