Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo confirmaron unha lesión muscular no bíceps femoral da perna dereita de Borja Galán.
O atacante madrileño, que se lesionou o pasado xoves na sesión en ABANCA-RIAZOR, estará uns días con tratamento médico. En función da súa evolución, pasará a continuación a unha etapa de readaptación física baixo a supervisión de Fran Molano, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.