David Mella será intervido cirurxicamente a última hora da tarde de hoxe polo doutor Ángel Álvarez Jorge no Hospital Quirón Salud A Coruña dunha fractura complexa dos ósos propios do nariz.
O canteirán pasará a noite no citado centro médico coruñés e recibirá o alta hospitalaria mañá luns.
Mella estará uns días con repouso deportivo e, en función da súa evolución, iniciará a continuación a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso, con protección facial, aos adestramentos co grupo.