RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Diego Aguirre

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo realizaron probas médicas complementarias a Diego Aguirre co obxecto de comprobar o alcance exacto das súas molestias sufridas no adestramento de onte.

Os galenos branquiazuis comprobaron unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna dereita. Así pois, Aguirre estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia  e, en función da súa evolución, pasará á fase de readaptación física co readaptador Álex Canosa, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.