Diego Caballo sufriu onte nos minutos finais do encontro ante o Real Oviedo unha fractura dos ósos propios do nariz.
O lateral deportivista foi intervido cirurxicamente con éxito esta mesma mañá co obxecto de reducir a fractura.
O futbolista salmantino reincorporarase aos adestramentos cunha máscara protectora segundo a evolución da súa lesión.