Keko Gontán foi sometido a probas médicas onte luns para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle impideron finalizar o choque do pasado domingo no campo de Miramar en Luanco.
Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que sofre unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna dereita.
Por conseguinte, o atacante deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará a continuación á etapa de readaptación física co readaptador, Fran Molano, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.