RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Kuki Zalazar

Kuki Zalazar acabou o adestramento do pasado sábado con molestias musculares na súa perna dereita que lle impediron entrar na convocatoria para o partido de onte en Talavera de la Reina.

Os Servizos Médicos do Club que dirixe o doutor Carlos Lariño confirmaron que o atacante deportivista sofre unha lesión muscular no aductor.

Nos próximos días Kuki Zalazar estará con tratamento médico e de fisioterapia; para, en función da súa evolución, acceder a continuación a unha fase de readaptación física supervisada por Alejandro Canosa, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.