RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Lady Andrade

Lady Andrade foi sometida a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias nun xeonllo que lle impediron continuar o partido ante o Real Betis deste pasado domingo en Abegondo.

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que a internacional colombiana sofre unha contusión nese xeonllo.

Xa o propio Manu Sánchez, en rolda de prensa o pasado domingo após o partido, advertira que "o doutor Mejuto non ve nada grave" na articulación danada de Lady Andrade.

Esta semana non haberá competición ligueira para o Deportivo ABANCA, que retoma a Primera Iberdrola o domingo 28 de febreiro ante o Rayo Vallecano en Madrid, en partido da 7ª xornada aprazado no seu día por coronavirus.