Max Svensson foi sometido a probas médicas para coñecer o alcance exacto das molestias coas que acabou o partido do pasado sábado en Alcorcón.
Os Servizos Médicos que coordina o doutor Carlos Lariño confirmaron que o dianteiro deportivista sofre unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna dereita.
Svensson estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.