RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Max Svensson

Max Svensson finalizou con molestias o adestramento de onte xoves en ABANCA-RIAZOR.

As probas posteriores ás que foi sometido o dianteiro a cargo dos Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño confirmaron que sofre unha lesión muscular no bíceps femoral da súa perna esquerda.

Svensson estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. A medida que a súa evolución o permita, pasará a continuación á fase de readaptación física baixo a supervisión de Alejandro Canosa, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.