RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Miku

Miku foi sometido a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias musculares coas que acabou o encontro do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR ante a Cultural Leonesa.

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que o internacional venezolano sofre unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna dereita.

O ariete deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará a continuación á etapa de readaptación fisica, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.