Víctor Narro sufriu unha fractura de ósos propios do nariz no transcurso do partido do pasado domingo en Majadahonda.
O atacante deportivista foi intervido cirurxicamente con éxito no Hospital QuirónSalud A Coruña co obxecto de reducir a fractura.
Narro estará os próximos días con adestramento individualizado ata que poida incorporarse ao traballo de grupo cunha protección facial.