Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron que Diego Villares sofre unha escordadura do ligamento lateral interno do seu xeonllo esquerdo.
O futbolista galego estará uns días con adestramento individualizado antes de iniciar unha etapa de readaptación física, paso previo ao seu regreso ao traballo grupal.
Así mesmo, o canteirán David Mella, con molestias na pube, baixará o ritmo de traballo nos próximos días. En función da súa evolución, o atacante branquiazul irase incorporando de maneira progresiva aos adestramentos.