Patrícia Hmírová, velocidade e desborde para as bandas do Dépor ABANCA
Patrícia Hmírová (Čadca, Eslovaquia, 30 de novembro de 1993) coñecida futbolísticamente como Hmírová, chega esta temporada 2024-25 ao Dépor ABANCA. Firma por unha temporada e destaca polo seu gran desborde e habilidade por ambas as bandas.
Procede do Sporting Huelva, club no que militou desde a temporada 2022-23. Xogando un total de 52 partidos, 36 deles titular, anotando e repartindo 4 goles e 4 asistencias en Liga F.
Comezou no club eslovaco, ŠKF Žilina, pero Hmírová desenvolveu a maior parte da súa carreira en Polonia, 1.FC azs awf Katowice, TS Mitech Żywiec, dúas etapas no Górnik Łęczna, e no Czarni Sosnowiec. Na temporada 2016-17, xogou no FC Neunkirch da liga suíza, e na 2021-2022 no Apollon Limassol chipriota, paso previo á súa chegada ao Sporting Huelva.
É internacional eslovaca e actualmente suma 119 partidos e 26 goles coa súa selección.
Hmírová convértese no quinto reforzo do Dépor ABANCA após a chegada de Pancha Lara, Oriana Altuve, Vera Martínez e Marina Artero; ademais das renovacións xa confirmadas de Carlota, Lucía Martínez, ADT, Henar, Eva Dios, Millene Cabral, Raquel García, Yohana, Samara e Cris Martínez.