RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pedro Sánchez, Iñigo López, Montiel e Segado entran na lista para recibir mañá ao Nàstic

Pedro Sánchez, que hoxe mesmo recibiu a alta médica, Iñigo López e os fabrilistas Montiel e Arturo Segado son as novidades na lista de 19 futbolistas convocados para recibir ao Nàstic de Tarragona en ABANCA-RIAZOR mañá sábado 16 de febreiro (16:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV).

Sobre Pedro falou Natxo González en rolda de prensa: "Se todo fose normal non entraba en convocatoria porque leva pouco co grupo, leva bastante tempo fóra. Está ben, loxicamente, se non non entraba. É un xogador máis do primeiro equipo, que se necesitamos un cuarto de hora, 20 minutos, 25... Sabemos o que nos vai a dar".

Quedan fóra da convocatoria os lesionados Mosquera, Krohn-Dehli, Vicente Gómez e Carlos Fernández. Estes dous últimos exercitáronse esta mañá co readaptador, Fran Molano.

Do futbolista canario, o adestrador deportivista explicou que "se trata dunha molestia que ten na planta do pé. Está descartada calquera rotura, calquera fisura. Parece ser que xa lle pasou na UD Las Palmas e xa está mellor".

Ademais, tamén son baixa por sanción Domingos Duarte e Nahuel. Precisamente sobre o castigo ao futbolista hispano-arxentino, dixo Natxo González "estar a tentar atopar un cualificativo que describa o que sinto e que non fira a sensibilidade de ninguén. E non o atopei. Dáme moita rabia que, vendo as imaxes, téñase que comer 2 partidos".

No adestramento de hoxe, a porta pechada no Estadio, o técnico dispuxo unha tarefa de finalizacións, un exercicio táctico, un partido e, para concluír, repaso de accións a balón parado.

Tralo partido ante o Nàstic, o cadro está citado de novo na Cidade Deportiva o domingo 17 de febreiro ás 11:00 horas.