O futbolista do Dépor Peru Nolaskoain arrincou con contundencia a súa participación no I Trofeo Carranza de eSports, superando ao Club Deportivo Lugo, representado por Hugor Rama, no terceiro dos catro partidos da fase previa por 4 goles a 3.
Non puido empezar de mellor maneira o xogador branquiazul que anotando na primeira xogada do partido por mediación de Gaku Shibasaki. Antes do descanso fixo o segundo con Emre Çolak e após o intermedio pareceu sentenciar o partido cos goles de Sabin Merino e Koné. O exdeportivista Hugo Rama tirou de decoro para buscar a remontanda e logrou anotar tres goles, o último deles xa no desconto, polo que forzar o desempate resultoulle imposible. Co 4-3 definitivo, Peru métese no cadro final do torneo.
O emparellamento de oitavos de final será ante o Extremadura de Pastrana o domingo a partir das 20:00 h.
O I Trofeo Carranza, do mesmo xeito que o orixinal cando naceu en 1955 (ou o Teresa Herrera 10 anos antes), faino cun fin solidario: a loita contra o COVID-19. É por iso que este campionato, que se verá de maneira gratuíta nas diferentes redes, terá habilitada a opción de doazón. Todo o recadado será doado ao Ministerio de Sanidade. As doazóns poden realizarse na dirección https://www.gofundme.com/f/trofeo-carranza
Os xogadores e equipos que continúan en competición son:
Manu Hernando (Racing)
Fali (Cádiz)
Kirian (Las Palmas)
Pedro Díaz (Sporting)
Fullana (Ponferradina)
Seku (Fuenlabrada)
Peru (RC Deportivo)
Pastrana (Extremadura)
Josema (Elche)
Luis Suárez (Real Zaragoza)
Cristo González (Huesca)
Martín Pascual (Rayo)
Curro (Numancia)
Málaga (Iván Jaime)
Carlos Hernández (Real Oviedo)
Valery (Girona)
O sábado arrincan os oitavos de final con estes enfrontamentos e horarios:
• Girona vs Racing de Santander, sábado 20:00 h.
• Sporting vs Cádiz, sábado 20:30 h.
• Las Palmas vs Real Oviedo, sábado 21:00 h.
• Ponferradina vs Fuenlabrada, sábado 21:30 h.
• Deportivo vs Extremadura, domingo 20:00 h.
• Elche vs Málaga, domingo 20:30 h.
• Zaragoza vs Huesca, domingo 21:00 h.
• Rayo Vallecano vs Numancia/Alcorcón, domingo 21:30 h.
Os cuartos de final disputaranse luns e martes ás 20 e 20:30 h.
As semifinais, mércores e xoves ás 20:00 h.
E a Gran Final o venres ás 20:00 h.
O vencedor recibirá unha réplica en miniatura do orixinal Trofeo Carranza.