Peru Nolaskoain e Salva Ruiz regresan á convocatoria para o choque ante o CD Mirandés
Peru Nolaskoain e Salva Ruiz son as novidades da lista de 23 convocados do RC Deportivo, entre eles 3 porteiros, para o partido de mañá venres 17 de xullo en Anduva ante o CD Mirandés (21:00 horas, Movistar LaLiga), correspondente á 41ª xornada en LaLiga SmartBank.
O defensor vasco perdeuse o pasado encontro ante o Extremadura UD en ABANCA-RIAZOR debido a unha amigdalite; e o carrilero valenciano a consecuencia dunhas molestias nos isquiotibiais.
Sobre Nolaskoain afirmou Fernando Vázquez en rolda de prensa que "está recuperado. Está na lista. Adestramos con el tanto na posición de central como a de mediocentro. Teño unhas horas para pensar en que situación ímolo a colocar neste partido".
Tamén viaxa Dani Giménez, do que o técnico deportivista confirmou que sofre "unhas molestias, ségueas tendo. Está como sempre. A situación pre-partido non cambiou respecto doutros partidos". Iso si, asegurou que JovanoviÄ está "súper preparado" para defender a meta deportivista.
Quedan fóra da convocatoria por lesión Somma, Uche e Luis Ruiz.
No adestramento desta mañá, após un quecemento con core, rondos e fútbol reducido; Fernando Vázquez dispuxo un exercicio de posesión con porterías pequenas e, para concluír, un partido a tres cuartas partes do campo 3.
O equipo desprázase mañá venres, día do partido, e regresa o sábado pola mañá directo a adestrar a Abegondo.