RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Peru Nolaskoain regresa ao traballo de grupo

Peru Nolaskoain exercitouse esta mañá con normalidade cos xogadores que non actuaron de inicio o pasado mércores en Málaga; ademais de Aketxe e Gaku, titulares en La Rosaleda e hoxe tamén no céspede da Cidade Deportiva.

O polivalente futbolista vasco está na recta final da recuperación da súa lesión de nocello sufrida no partido en ABANCA-RIAZOR ante o Rayo Vallecano.

Para estes xogadores houbo un quecemento, un circuíto físico con finalizacións e fútbol en espazo reducido para concluír.

Os titulares ante o conxunto andaluz tiveron unha mañá de recuperación, con ximnasio, bicicletas estáticas e paso pola padiola dos fisioterapeutas. A eles sumáronselles Borja Valle e Salva Ruiz, ambos con adestramento específico co readaptador, Fran Molano. Uche e Michele Somma continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.

Mañá sábado, o Dépor está citado ás 11:00 en Abegondo para a última sesión previa ao partido ante o Extremadura UD en ABANCA-RIAZOR, deste domingo 12 de xullo (17:00 horas, Movistar LaLiga).