Primeira sesión de Villares e Rayco esta mañá con licenza do primeiro equipo
O Deportivo comezou esta mañá a preparar a visita ao Coruxo FC deste domingo 7 de febreiro no Vao (12:00 horas, TVG).
Rubén de la Barrera contou con todos os futbolistas sobre o terreo de xogo, incluídas as dúas novas incorporacións, os fabrilistas Diego Villares e Rayco, xa con licenza do primeiro equipo; ademais dos canteiráns Adri Castro e Pablo Brea.
Unicamente Keko, tal e como estaba previsto polos técnicos e polos Servizos Médicos, finalizou antes que o resto dos seus compañeiros.
Após un quecemento con balón, o adestrador branquiazul dirixiu unha serie de tarefas tácticas no campo 3 como posesión, finalizacións... Un partido a tres cuartas partes de campo puxo o punto final ao traballo sobre o céspede.
Mañá xoves haberá dobre quenda de adestramento: 11:00 en Abegondo e 17:30 en ABANCA-RIAZOR a porta pechada.