RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiro adestramento da semana no Dépor con só Pablo Trigueros á marxe do grupo

O Deportivo comezou esta mañá a preparar a seguinte cita en Primera RFEF, a visita do Zamora CF a ABANCA-RIAZOR deste sábado 30 de outubro ás 17:00 horas (Footters) con só un xogador, Pablo Trigueros, á marxe do grupo.

Alberto Benito, que estivo uns días con adestramento específico por unhas molestias na zona inguinal esquerda, incorporouse hoxe ao traballo co resto dos seus compañeiros. O lateral branquiazul completou a xornada con normalidade.

A mañá arrancou na sala de vídeo, con repaso a algunhas das accións da pasada fin de semana en Santander, xa de cara ao partido ante o Zamora CF desta fin de semana.

A continuación, xa sobre o céspede, Borja Jiménez dispuxo, após un quecemento e uns rondos, unha tarefa de posesión, un exercicio de fútbol con porterías pequenas e acto seguido, pero só para os que non foron titulares en El Sardinero, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Con Noel concentrado coa selección española sub-19 xunto a Dani Barcia, a representación de #ANOSACANTEIRA hoxe martes correu a cargo de Trilli, Alberto e Yeremay. Precisamente Trilli retirouse antes de que acabase o adestramento de acordo cos Servizos Médicos, que queren evitar calquera tipo de precipitación no regreso pautado do internacional español sub-19.

Mañá mércores 27 de outubro, o cadro está citado para almorzar ás 9:00 no comedor da Cidade Deportiva, antes dun adestramento que arrancará ás 10:30 horas.