Primeiro adestramento semanal do Dépor con só Pablo Trigueros e Jorge Valín á marxe
O Deportivo realizou esta mañá a primeira sesión de traballo dunha semana que se culminará o sábado 9 de outubro no Stadium Gal (17:00 horas, Footters) fronte ao Real Unión de Irún, en partido correspondente á 7ª xornada en Primeira RFEF.
Borja Jiménez puido contar con todos os seus efectivos sobre o céspede, incluído Trilli; e tan só estiveron á marxe os lesionados Pablo Trigueros e Jorge Valín, con adestramento específico no ximnasio supervisado polo readaptador Álex Canosa.
Ademais do citado Trilli, Yeremay, Noel e o meta Brais Suárez foron a representación de #ANOSACANTEIRA esta mañá.
Despois dun quecemento e uns rondos, o corpo técnico branquiazul dispuxo esta mañá un exercicio de posesión no Campo 3 e un partido táctico a tres cuartas partes do Campo 2. O adestrador branquiazul impartiu constantes instrucións aos seus futbolistas.
Mañá martes 5 de outubro, o cadro está citada ás 09:00 para almorzar no comedor da instalación deportiva e saltar ao céspede a partir das 10:30 h.