RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiros adestramentos do atacante uruguaio Nacho González co Dépor

Nacho González adestrouse hoxe por primeira vez ás ordes de Fernando Vázquez. O atacante uruguaio aterrou o pasado luns no Aeroporto da Coruña e onte martes pasou probas cos Servizos Médicos do Club. Pendente de pechar a documentación que o vincule definitivamente ao Club, González, que xa estaba en plena competición no Torneo Apertura do seu país, completou con normalidade todo o adestramento.

Os únicos futbolistas á marxe foron Vicente e Borja Galán, cunha sobrecarga no cuádriceps e nun aductor respectivamente; ademais da meta Lucho García, con adestramento específico no ximnasio.

Non estiveron na Cidade Deportiva Fede Cartabia, Celso Borges e Uche, con permiso.

Na sesión matinal que arrincou ás 10:00, após un quecemento e rondos, Fernando Vázquez dispuxo dun exercicio de finalizacións, un circuíto de forza e, para concluír, un partido a metade do campo 2, en espazo reducido.

O Dépor constrúe a súa fortaleza defensiva

O balón foi o protagonista da sesión vespertina do Dépor hoxe mércores na Cidade Deportiva.

Fernando Vázquez fixo especial fincapé nun exercicio defensivo no campo 2. O técnico deportivista empeza a construír os cimentos do equipo, sempre coa solidez como un dos seus alicerces.

Un partido a tres cuartas partes de campo e series de potencia aeróbica puxeron o punto e final ao traballo sobre o céspede, con case 4 horas en total.

Adestráronse á marxe do grupo Vicente, Lucho García, Borja Galán e Eneko Bóveda, este a consecuencia dunhas molestias no xeonllo esquerdo.

Celso Borges, Uche e Fede Cartabia, con permiso, non estiveron na Cidade Deportiva.

Mañá xoves 17 de setembro haberá unha única quenda de adestramento, a partir das 10:00 horas en Abegondo.