Queres formar parte do programa de Voluntariado do Dépor para actividades e partidos?
Deportivista, gustaríache formar parte do Deportivo como voluntaria ou voluntario da Fundación RC Deportivo? Abrimos o prazo de inscrición para formar parte do noso programa de voluntariado que nos permitirá estender e achegar as actividades da Fundación, e por extensión do Club, a todo o Deportivismo.
Se es maior de 18 anos e queres formar parte da nosa comunidade, de maneira altruísta e comprometida co teu Club, o teu escudo, as túas cores e a túa cidade, non dubides en unirche ao programa de Voluntariado do Dépor.
Ademais de participar nos proxectos da Fundación: Dépor Genuine, DéporCampus… poderás ser parte dos espectáculos deportivos nas nosas instalacións, desempeñando un papel fundamental fóra e dentro do Estadio ABANCA-RIAZOR ou Abegondo, garantindo que cada Deportivista, como ti, teña a mellor experiencia posible en día de partido en #ANosaCasa.
Ao finalizar a temporada levaremos a cabo un evento de agradecemento con todas as persoas voluntarias por facer posible a realización de todos os proxectos e eventos nos que te involucraches.
Se queres formar parte do equipo de voluntariado da Fundación RC Deportivo mandanos un correo electrónico a fundacion@rcdeportivo.es cos seguintes datos:
- Nome e apelidos - DNI - Data de nacemento - Teléfono móbil - Correo electrónico - Dirección postal - Fálanos de tí, os teus intereses, motivacións ou actividades nas que estás interesado en participar (Días de partido, Dépor Genuine, DéporCampus…)
Unha vez recibido o correo contactaremos contigo para pasar á fase de entrevistas persoais. Posteriormente confirmarémosche como membro do equipo de voluntariado cun contrato de adhesión ao programa de voluntariado. Após unha fase de formación, pasarás a ser parte activa da plataforma de voluntariado.