Rafael de Vicente Hernández (Málaga, 18 de xullo de 1993) convértese hoxe en novo xogador do Real Club Deportivo para a Temporada 2021-2022.
O centrocampista andaluz chega procedente do UCAM Murcia CF, equipo no que militou as dúas últimas campañas, nas que totalizó 47 presenzas e 4 goles na categoría de bronce do fútbol nacional, incluídos 2 encontros na fase de ascenso a Segunda División.
Rafa de Vicente deu o salto ao fútbol profesional co Real Murcia, no que xogou a temporada 2015-2016 cedido polo Málaga CF, club no que se formou. Posteriormente foi fichado polo Recreativo de Huelva, no que xogou dúas campañas. Antes de militar no conxunto universitario, o centrocampista xogou unha temporada no Real Racing Club de Santander, co que logrou o ascenso a Segunda División.
En 6 temporadas en Segunda División B, Rafa de Vicente acumula 167 partidos (6 deles en 3 fases de ascenso a Segunda, con Real Murcia, Real Racing Club de Santander e UCAM Murcia CF) e 16 goles.