RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Raí Nascimento, novo xogador do Dépor 20·21

Raí Nascimento de Oliveira (Rio de Janeiro, Brasil, 18 de maio de 1998) converteuse hoxe en novo xogador do Dépor até final de temporada.

Aterrado en España á idade de 14 anos, Raí Nascimento formouse no fútbol base da cidade de Zaragoza, onde militou no Stadium Casablanca (primeiro ano cadete) e o Stadium Venecia (segundo ano cadete). Con só 16 anos tivo que dar o salto á categoría senior, xa que a regulamentación impide xogar a estranxeiros menores de idade en categoría nacional. Militou dúas campañas no AD Alfindén, en Preferente, antes de ser fichado polo Real Zaragoza ao cumprir a maioría de idade.

Despois de actuar con contagotas co primeiro equipo maño, Raí foise cedido á UD Ibiza-Eivissa, onde totalizou 39 partidos e 5 goles en temporada e media antes de volver ao conxunto maño ao comezo da actual campaña. No presente curso, o brasileiro disputou 7 encontros entre Segunda División e Copa do Rei, nos que anotou 1 tanto.