Regreso á competición do Dépor ABANCA, que visita este sábado ao Valencia CF Féminas
Despois do parón ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais, o Dépor ABANCA iniciou hoxe luns unha semana xa de competición oficial que concluirá este sábado 2 de novembro ás 12:00 no Estadio Antonio Puchades ante a Valencia CF Féminas (Dazn).
O empate en Eibar (0-0) do pasado 20 de outubro deixou a As Nosas na 10ª posición con 10 puntos.
Para preparar o choque ante as valencianistas, Irene Ferreras dispón desde esta tarde de 4 sesións de traballo, a última delas, a do venres 1, ás 16:30 na Cidade Deportiva da Valencia CF.
Cada vez que haxa actividade en Abegondo, o cadro arrincará a xornada no ximnasio e nalgúns días na sala de vídeo.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 28 de outubro 16:30 h., Abegondo
Martes 29 de outubro 11:00 h., Abegondo
Mércores 30 de outubro Descanso
Xoves 31 de outubro 11:00 h., Abegondo
Venres 1 de novembro 16:30 h., Cidade Deportiva da Valencia CF
Sábado 2 de novembro 12:00: Valencia CF Féminas - Deportivo ABANCA