RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con cara para Depor ABANCA B e cruz para o Fabril

Cara e cruz e esta fin de semana para o Dépor ABANCA B e Fabril.

Hoxe domingo o partido destacado en #ANOSACANTEIRA foi o do filial feminino, que se impuxo ao CD Lugo (1-2).

A novidade na convocatoria de Óscar Orro foi a presenza da internacional venezolana Michi Apóstol, en pleno proceso de adaptación ao fútbol europeo.

Irene Ferreras, adestradora do primeiro equipo, mostrouse convencida na sala de prensa que a xogadora dará moitas alegrías. 

Hoxe, Michi Apóstol anotou un gol e deu a asistencia do outro tanto branquiazul no campo lucense da Cheda.

Na División de Honra xuvenil, o Dépor non puido (1-0) en Santa Cruz de Bezana co líder Real Racing Club.

Non mereceron a derrota os branquiazuis, que estrelaron dous balóns nos paus e dobraron o xeonllo grazas a un penalti na única ocasión cántabra.

En casa xogaron e gañaron o Orzán SD Xuvenil Femenino (7-1 ao Victoria CF), Orzán SD B sub-16 Femenino (5-0 ao UD Santiso FC) e Xuvenil B (3-0 ao Pabellón Ourense CF).

Completaron a xornada os triunfos do Orzán SD Infantil A Femenino en Pastoriza (1-6) e o do Alevín A na Torre (0-14) ante o CF Deportivo Orzán.

Onte sábado xogáronse dez partidos con representación deportivista.

Sobresaíu o partido do Fabril (na foto da noticia), que visitou o campo do pechacancelas de Segunda Federación, a Arandina CF.

Do mesmo xeito que a pasada fin de semana ante o Marino de Luanco en Abegondo, ao filial escapáronselle os 3 puntos despois de chegar á recta final en vantaxe. En Aranda os locais asinaron o 2-2 no minuto 95 despois dos tantos de Kevin e Vilán nos primeiros 7 minutos.

Os últimos días de mercado deixaron a subida definitiva de Iano Simão e Mella ao primeiro equipo; e a chegada de Álvaro Baladía 'Bala' ao carril zurdo do filial.

Hai unhas semanas reforzaron ao equipo de Óscar Gilsanz Álex Alfaro e o dianteiro Jorge. A maiores, Quique Teijo e Álvaro Santamaría fóronse cedidos; e Iñaki saíu do Club.

Ademais do Fabril FC Alevín e os dous equipos benxamíns na Torre, xogaron en casa o Orzán SD Cadete Femenino (11-0 ao SCD Milagrosa) e o San Tirso SD Cadete (3-0 ao Victoria CF).

Fóra, co Fabril, o Orzán SD Infantil B Femenino visitou ao Sporting Burgo (3-3), o Cadete ao Coruxo FC (2-3), o Infantil ao EF Portero 2000 (0-3) e o San Tirso SD Infantil ao potente RC Celta (6-1).

Dous equipos abriron o pasado mércores 31 de xaneiro o calendario de partidos.

Así, o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, enfrontouse en Abegondo nun amigable á selección galega sub-16, que prepara a Fase de Plata do Campionato de España por autonomías de 9 ao 11 de febreiro en Cádiz.

O resultado, que é o de menos, favoreceu ao combinado galego (1-5) nun bo test para o equipo branquiazul que dirixe Miguel Figueira.

O outro equipo de #ANOSACANTEIRA con encontro foi o Fabril FC Benxamín, que venceu (0-4) ao Sporting Cambre no campo Dani Mallo de Cambre en partido correspondente á 12ª xornada no subgrupo 2º de Primera A Coruña de fútbol 8 disputada na súa totalidade a pasada fin de semana.

As diferentes seleccións galegas foron as protagonistas a principios de semana.

-Despois do amigable do pasado mércores 31 de xaneiro en Abegondo ante o Xuvenil B, Rodrigo, Íker Fernández, Nico Ruiz, Miguel de Labra e Pablo García do Cadete; e Mauro do San Tirso SD Cadete foron convocados pola selección galega sub-16 para a Fase de Plata do Campionato de España que se xogará en Cádiz do 9 ao 11 de febreiro.

-Após o adestramento do luns 29 de xaneiro en Rois, Lucas López, Eder Vilas, Nico Naveiras, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo, do Infantil branquiazul; e Antón Vilariño e Hugo Ferreiros, do San Tirso SD Infantil foron citados pola selección galega sub-14 para disputar a Fase de Plata do Campionato de España en Cádiz do 9 ao 11 deste mes.

-Tamén se adestrou a selección galega sub-12, o luns en Rois, con Hugo Macedo, Nacho Villanueva, Iván Gil e Rui Caamaño, do Alevín A, convocados.

-O pasado mércores, Emma Gandoy, Laura Santos, Noelia Mayo, Ana Capelo, Lucía Rivas, Macarena González e Sara Cercido adestráronse coa selección galega sub-17 no campo da Braña, en Rois.

-E finalmente as orzanistas Claudia Sande e Daniela Macedo estiveron convocadas pola selección galega sub-15 nun adestramento tamén o mércores no campo da Braña de Rois.

A maiores, a gardameta orzanista Antía Veiga concentrouse estes días coa selección española sub-16 en Las Rozas (Madrid). Xogou 30 minutos nun amigable ante o Madrid CFF B de Primera Federación Iberdrola.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 18ª xornada: CD LUGO 1 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Michi Apóstol)

Primera Autonómica, 18ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 7 (Ana Capelo, Noe Gómez, Dunia Dahmouni -2-, Iria Otero -2- e Noa Fariña) - VICTORIA FC B 1

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 18ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 5 (Yanis Citoula -2-, Alba Monteserrín, Sofía Rodríguez e Carmen Espadas)- UD SANTISO FC 0

Liga Galega, subgrupo 1º, 18ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO 11 (Candela Fernández -2-, Yanis Citoula -2-, Claudia Sande, Marta Moreno, Sofía Rodríguez -2-, Emma Gandoy -2- e unha futbolista rival en propia meta)- SCD MILAGROSA 0

Liga Galega, subgrupo 1º, 18ª xornada: SCD PASTORIZA 1 - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 6 (Marta Moreno -3- e Claudia Sande -3-)
Liga Galega, subgrupo 1º, 18ª xornada: SPORTING BURGO 3 - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 3 (Ariana Barros -3-) 

Segunda Federación
21ª xornada: ARANDINA CF 2 - FABRIL 2 (Kevin e Vilán)

Categoría xuvenil
División de Honra, 19ª xornada: REAL RACING CLUB 1 - XUVENIL A 0

Amigable (mércores 31): XUVENIL B 1 (Daniel) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 5
Liga Nacional, 21ª xornada: XUVENIL B 3 (Adrián -2- e Rubén) - PABELLÓN OURENSE CF 0

Categoría cadete
División de Honra, 19ª xornada: CORUXO FC 2 - CADETE 3 (Íker Fernández, Xabi Campos e Trillo)
División de Honra, 19ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Gael -2- e Pablo Crespo) - VICTORIA CF 0

Categoría infantil
División de Honra, 17ª xornada: EF PORTERO 2000 0 - INFANTIL 3 (Sergio Cortizo, Antón Caamaño e Miguel)
División de Honra, 17ª xornada: RC CELTA 6 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Antón Vilariño)

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 13ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN 0 - ALEVÍN A 14 (Álvaro Gómez -4-, Nacho Villanueva -3-, David Gómez -2-, Sergio Fernández -2-, Hugo Macedo, Brais Martínez e Enzo Bértoa)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 13ª xornada: ORILLAMAR SD 1 - FABRIL FC ALEVÍN 5 (Alejandro Astray -2-, Hugo Álvarez, Hugo Quintela e Miguel Candal)

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 13ª xornada: BENXAMÍN A 14 (Mateo Songo'o -5-, Samuel Rodríguez -4-, Adrián Liñares -3- e Alberto Novo -2-) - CD CALASANZ 2

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 12ª xornada (mércores 31): SPORTING CAMBRE 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Pablo Couso -2-, Leo Galván e Nico Castro)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 13ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Leo Galván -2-, César Leira, David Santiago, Martín Martelo, Nico Castro e Gael Fernández) - SANTA CRUZ CF 0