RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con empate do Fabril en Luanco e do Xuvenil A en Vigo en ONOSODERBI

Dous partidos centraron a atención en #ANOSACANTEIRA hoxe domingo 17 de setembro.

O Fabril igualou (1-1) co Marino de Luanco en Miramar. O equipo recuperou a Iano Simão despois do seu paso pola selección de Guinea-Bisáu para o seu partido de clasificación da Copa de África ante Sierra Leona.

Tamén xogou Jairo, que viaxou directamente desde Salamanca, onde estivo concentrado co primeiro equipo, a Luanco.

En canto ao resto de categorías, co inicio de liga para o Orzán SD Xuvenil Femenino en Primera Autonómica (2-1 ante o Umia CF B), #ONOSODERBI xuvenil na División de Honra foi o partido destacado.

Fronte a fronte estiveron os dous grandes favoritos ao título, que saldaron esta primeira cita da temporada entre ambos con empate (2-2).

Tamén hoxe o San Tirso SD Cadete gañou na Coruña ao Victoria CF (0-2) na 2ª xornada da División de Honra. 

Onte sábado disputáronse un total de 5 partidos, entre os que destacou a visita do Deportivo ABANCA B en campo do Umia CF (0-1).

O filial feminino suma así 2 triunfos no seu inicio de liga en Tercera Federación FutFem.

Tamén iniciaron a liga o Infantil (1-5 en Lugo) e o San Tirso SD Infantil (5-1 en Conxo).

Completaron a xornada o Cadete en Abegondo ante o Coruxo FC (3-1) e fóra de casa o Xuvenil B en Porriño (0-3)

Finalmente continúan en pretemporada os dous equipos alevíns, que hoxe lograron a medalla de ouro (Alevín A) e de bronce (Fabril FC Alevín, na foto da noticia) en II edición da Copa Deputación da Coruña; e os dous benjamines, co A como brillante campión e o Fabril FC Benxamín cuarto finalista do Trofeo Concello de Arcade.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Terceira Federación Futfem, 2ª xornada: UMIA CF 0 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Uxía López)

Primera División Autonómica, 1ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 2 (Ivana Fernández e Dunia Dahmouni) - UMIA CF B 1

Segunda Federación
3ª xornada: MARINO DE LUANCO 1 - FABRIL 1 (Matías Castillo)

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: RC CELTA 2 - XUVENIL A 2 (Álex Delgado e Domínguez)

Liga Nacional, 2ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL FC 0 - XUVENIL B 3 (Héctor, Rubén e Xián)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: CADETE 3 (Janusz, Yago e Trillo) - CORUXO FC 1

División de Honra, 2ª xornada: VICTORIA CF 0 - SAN TIRSO SD CADETE 2 (Pablo e Gael)

Categoría infantil
División de Honra, 1ª xornada: CD LUGO 1 - INFANTIL 5 (Raúl -2-, Sergio -2- e Picallo)

División de Honra, 1ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 5 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Gandarela)

Categoría alevín
II Torneo Deputación da Coruña, no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
ALEVÍN A 8 (Álvaro Gómez -2-, Jorge Fernández -2-, Rui Fernández -2-, Martín López e David Gómez) - RACING SAN LORENZO 0
ALEVÍN A 6 (Álvaro Gómez -2-, Rui Fernández, Hugo Macedo, David Gómez e Nacho Villanueva) - EF CONCELLO DE CARNOTA 0
ALEVÍN A 4 (Rui Fernández, Álvaro Gómez, David Gómez e Nacho Villanueva) - EUME DEPORTIVO 1

Domingo 17 de setembro
Segunda Fase
ALEVÍN A 3 (Álvaro Gómez e Rui Fernández -2-) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
ALEVÍN A 5 (Rui Fernández -2-, Nacho Villanueva, Álvaro Gómez e Joel Puñal) - ED OS MIÚDOS 0
ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva e David Gómez) - CD CALASANZ 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva e Sergio Fernández) - CIDADE DE RIBEIRA CF 1

Semifinais
ALEVÍN A 2 (Hugo Macedo e David Gómez) - FABRIL FC ALEVÍN 0

Final
ALEVÍN A 4 (Nacho Villanueva -2- e Álvaro Gómez -2-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

II Torneo Deputación da Coruña, no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Alejandro Astray, Xiao Fontao, Nico Pérez e Hugo Quintela) - PORTO DO SON CF 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Alejandro Astray e Xiao Fontao) - SD ESTEIRANA 0
FABRIL FC ALEVÍN 0 - ED XUVENTUDE DE OROSO 2

Domingo 17 de setembro
Segunda Fase
FABRIL FC ALEVÍN 0 - ED LUIS CALVO SANZ 1
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Xiao Fontao, Alejandro Astray e Thiago López) - SD SOFÁN 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Íker Ferreiro e Hugo Quintela) - ATLÉTICO ARTEIXO 0

Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Alejandro Astray -2-, Íker Ferreiro e Thiago López) - SADA CF 2

Semifinais
FABRIL FC ALEVÍN 0 - DEPORTIVO 2

Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC ALEVÍN 5 (Miguel Candal -2-, Alejandro Astray -2- e Hugo Luaces) - EF CONCELLO DE CARNOTA 0

Categoría benjamín
Trofeo Concello de Arcade, no campo do Salgueirón (Soutomaior)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
BENXAMÍN A 4 (Adrián Liñares, Leo Lorenzo e Mateo Songo'o) - AD VILA DE CORPUS 0
BENXAMÍN A 11 (Diego Castelo -2-, Leo Lorenzo -2-, Andrés Valencia, Antón Fernández, Álex Casado, Mateo Songo'o, Mateo Cardelle, Adrián Liñares e Alberto Novo) - CD CHOCO 0
BENXAMÍN A 11 (Breogán Díaz -2-, Leo Lorenzo -2-, Alberto Novo -2-, Álex Casado -2-, Mateo Cardelle -2- e Mateo Songo'o) - ALONDRAS CF 1

Cuartos de final
BENXAMÍN A 7 (Mateo Songo'o -3-, Antón Fernández -2- e Diego Castelo -2-) - EF VILA DE MARÍN 1

Semifinais
BENXAMÍN A 3 (Andrés Valencia, Mateo Songo'o e Leo Lorenzo) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Final
BENXAMÍN A 5 (Álex Casado, Mateo Songo'o, Alberto Novo, Leo Lorenzo e Adrián Liñares) - RC CELTA 2

Trofeo Concello de Arcade, en campo do Salgueirón (Soutomaior)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - CD AREOSA 0
FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Leo Galván -2-, Yoel Losada, Martín Coronel, Leo Cordeiro e Leo Barros) - AROSA SC 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Leo Galván) - EF DENIS SUAREZ 1

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (César Lodeiro e Martín Martelo) - RC CELTA 2. A penaltis: 1-3