RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con goleada hoxe do Dépor ABANCA B en Abegondo

O partido destacado en #ANOSACANTEIRA hoxe domingo 18 foi o do Deportivo ABANCA B (na foto da  noticia) en Abegondo ante o Gijón FF en Tercera Federación FutFem.

O triunfo foi deportivista (5-1) cun hat trick da internacional venezolana Michi Apóstol.

O conxunto de Óscar Orro suma 44 puntos na 2ª posición da táboa, a 10 do líder, un Real Avilés CF que ten 54 puntos.

Ademais, o Xuvenil A, no grupo que pelexa polo título da División de Honra, citouse en Cantabria coa SD Revilla. Manuel Pablo non quixo confianzas a pesar de que o equipo local marcha na zona baixa da táboa e advertiu na previa que ao seu equipo sempre lle custa sacar adiante os seus partidos sempre que xoga a Copa del Rey.

O aviso forneceu efecto, posto que os deportivistas foron superiores aos cántabros (0-4) e sitúanse a 5 puntos do liderado.

Completaron a xornada dominical o choque do San Tirso SD Infantil ante o UD Santa Mariña no Monte (3-4); o do San Tirso SD Cadete en Sigüeiro ante o ED Xuventude de Oroso (1-6) e os dos orzanes: o Orzán SD Xuvenil Femenino no campo do Lóstrego CF B (1-2) e o Orzán SD B sub-16 Femenino en Meicende (0-1).

O conxunto xuvenil do Orzán SD festexa a citación de Dunia Dahmouni, hoxe autora dos dous goles do seu equipo, para uns adestramentos coa selección de Marrocos sub-17 dende mañá lunes 19 ao domingo 25 de febreiro.

Onte sábado 17 sobresaíu o partido do Fabril fronte á SD Compostela no Estadio Vero Boquete.

Os fabrilistas chegaban ao choque instalados nun pelotón de equipos da zona media da táboa.

Foron baixa Diego Gómez, lesionado; e Rubén López, citado co primeiro equipo. Si xogaron Martín Ochoa e Kevin, que o pasado mércores participou na Copa del Rey co Xuvenil A en Mallorca.

O choque decidiuno no minuto 28 un gol de rebote do local Hugo Matos ao recoller un despexe da defensa fabrilista.

A boa noticia foi a citación de Kevin Sánchez para dous partidos amigables da selección española sub-19 ante Noruega. Estará acompañado por outro canteirán xa no primeiro equipo, David Mella.

Venceron en casa (en Eirís) o Orzán SD Infantil A Femenino ante o SCD Milagrosa (3-2) e o Orzán SD Infantil B Femenino ante o SCD Pastoriza (3-1).

E como visitantes, o Xuvenil B gañou en Vigo ao CVC Valladares (0-4) e o Orzán SD Cadete Femenino na Coruña ao Victoria CF (0-5); mentres que o Infantil empatou na súa visita ao CD Areosa (1-1).

A fin de semana en #ANOSACANTEIRA abriuno o venres o triunfo (3-0) do Cadete A en Abegondo ante o Ural Español CF. Os branquiazuis mandan na División de Honra.

#ANOSACANTEIRA estivo o pasado mércores pendente dos cuartos de final da Copa del Rey xuvenil entre o RCD Mallorca e o Deportivo.

Os branquiazuis tentárono de todas as maneiras e, após igualar (1-1) no partido e na prórroga, a ruleta dos penaltis sorriu ao conxunto balear (6-5).

Manuel Pablo, técnico do Xuvenil A, manifestou que "foi un partido moi difícil para nós. Sabiamos que era un bo equipo, que dominaba moito a pelota. Custounos entrar ao partido. Ao principio nos primeiros minutos custounos. Despois, a metade da primeira parte, soubemos igualar o xogo deles. Acabamos mal a primeira parte porque tivemos moitas perdas seguidas e perigosas en inicio de xogo. Aí a sensación foi mala".

Engade que após o descanso "foi máis igualada, mesmo a partir da metade da segunda parte fixémonos co control, acabamos bastante ben esa segunda parte, con continuas chegadas aínda que se cadra sen ter a ocasión clara. A prórroga foi un ida e volta. Eles tiñan velocidade arriba e algunha ocasión de perigo fixéronnos. Tamén nós tivemos chegadas sobre todo na segunda parte da prórroga. Foi un ida e volta con poucas oportunidades. E os penaltis foi o que tocou".

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 20ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 5 (Michi Apóstol -3-, Noela e Paula Monteagudo)- GIJÓN FF 1

Primera Autonómica, 19ª xornada: LÓSTREGO CF B 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 2 (Dunia Dahmouni -2-)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 19ª xornada: SPORTING MEICENDE 0 - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 1 (Daniela Macedo)

Liga Galega, subgrupo 1º, 19ª xornada: VICTORIA CF 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 5 (Claudia Sande, Marta Moreno, Emma Gandoy, Sofía Rodríguez e unha futbolista rival en propia meta)

Liga Galega, subgrupo 1º, 19ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 3 (Martina Vázquez, Marta Moreno e Claudia Sande) - SCD MILAGROSA 2
Liga Galega, subgrupo 1º, 19ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 3 (Claudia Casas -2- e Ariana Barros) - SCD PASTORIZA 1

Segunda Federación
23ª xornada: SD COMPOSTELA 1 - FABRIL 0

Categoría xuvenil
Copa del Rey, cuartos de final (mércores 14): RCD MALLORCA 1 - XUVENIL A 1 (Álvaro). A penaltis: 6-5

División de Honra, 21ª xornada: SD REVILLA 0 - XUVENIL A 4 (Domínguez, Noé e Rubén -2-)
ç
Liga Nacional, 22ª xornada: CVC VALLADARES 0 - XUVENIL B 4 (José Rey, Daniel, Álvaro e Telmo)

Categoría cadete
División de Honra, 20ª xornada: CADETE 3 (Miguel de Labra, Abel e Lucas) - URAL ESPAÑOL CF 0
División de Honra, 20ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO 1 - SAN TIRSO SD CADETE 6 (Pablo Crespo -3-, Joaquín, Héctor e Nico)

Categoría infantil
División de Honra, 18ª xornada: CD AREOSA 1 - INFANTIL 1 (Nikolay)
División de Honra, 18ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Gandarela -2- e Hugo Caridad) - UD SANTA MARIÑA 4

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 15ª xornada: VICTORIA CF 0 - ALEVÍN A 7 (Martín López -2-, Iván Gil -2-, Sergio Fernández, David Gómez e Rui Caamaño)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 15ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2 - FABRIL FC ALEVÍN 0

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 15ª xornada: BENXAMÍN A 12 (Alberto Novo -4-, Yago Prieto -3-, Mateo Songo'o -2-, Diego Castelo -2- e Andrés Valencia) - ORILLAMAR SD 0

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 15ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 8 (César Leire -4-, Gael Fernández -2-, Martín Coronel e Martín Martelo)- OLÍMPICO CF 0