RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con gran triunfo do Fabril en Zamora

Hoxe domingo en #ANOSACANTEIRA xogáronse unicamente dous partidos de competición.

O Fabril visitou a un dos poderosos, o Zamora CF, firme candidato ao ascenso en compañía do Ourense CF e Pontevedra CF.

Foi baixa Kevin Sánchez, expulsado ante os ourensáns por dobre amarela. Outro dos dianteiros, Martín Ochoa, tampouco puido xogar por unha lesión muscular nos isquiotibiais.

Os fabrilistas lograron un gran triunfo (1-2) grazas aos goles de Mati Castillo e de David Vilan, este no minuto 97, que o coloca na metade da táboa de Segunda Federación.

O outro partido hoxe foi o do Alevín en Cee (0-8), correspondente á 2ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol 11.

Onte sábado a atención estivo centrada no partido do Xuvenil A, en loita polo título da División de Honra, no campo principal de Abegondo ante o CD Covadonga.

O choque ante os asturianos, retransmitido en directo pola canle de Youtube do RC Deportivo, foi para os branquiazuis (2-0) con tantos de Zoe e Noé.

Manuel Pablo non puido contar con Álex Delgado, que está xa concentrado coa selección venezolana sub-20 para uns adestramentos na cidade de San José en Costa Rica.

Ademais do Alevín A e dos benxamíns, gañou en Abegondo o Cadete, á fronte da División de Honra, ao UD Ourense (7-1); mentres que o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, impúxose na Grela 1 ao Ural Español CF (0-4), con dobrete de José Rey e Rubén.

Así mesmo, o RC Deportivo estivo representado polo Fabril FC Alevín nun torneo que se disputou esta fin de semana en Macedonia do Norte.

O trofeo conmemorou o 20 Aniversario do FC Kumanovo, club da cidade que leva o seu nome, segunda do país balcánico após a capital, Skopie.

Os seus rivais na Primeira Fase foron o FC Kumanovo Eurosport (Macedonia do Norte), NK Brinje Grosuplje (Eslovenia) e KHS Malta (Malta).

Os fabrilistas, após gañar todos os partidos, derrotaron hoxe domingo (1-0) ao FK Sarajevo en semifinais e caeron (1-3) coa Estrella Roja na final.

Thiago López foi nomeado o mellor xogador desta competición.

O calendario de partidos abrírono dous partidos o venres no Monte.

O San Tirso SD Cadete logrou (1-0) ante o Atlético Coruña Montañeros CF a súa sétima vitoria consecutiva na División de Honra.

E o Infantil, líder da División de Honra infantil, impúxose (1-6) a un San Tirso SD Infantil con xogadores un ano menores en idade aínda que asentado na zona tranquila da táboa.

Finalmente houbo descanso para os equipos femininos de #ANOSACANTEIRA debido á celebración en Murcia da Fase de Oro e de Plata do Campionato de España por autonomías para a selección galega sub-17 e sub-15 respectivamente.

As deportivistas Sara Cercido e Lucía Rivas; coas orzanistas Noelia Mayo, Laura Santos e Emma Gandoy estiveron coa selección galega sub-17; mentres que Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo participaron coa selección galega sub-15.

Así pois, non houbo liga para o Dépor ABANCA B, Orzán SD Xuvenil Femenino, Orzán SD B sub-16 Femenino, Orzán SD Cadete Femenino, Orzán SD Infantil A Femenino e Orzán SD Infantil B Femenino.

Unha categoría feminina que está de novo de parabén pola convocatoria de Elena Vázquez e de Lucía Rivas para uns adestramentos coa selección española sub-17 de mañá luns 4 ao mércores 6 de marzo en Las Rozas (Madrid).

Ademais, a gardameta orzanista Antía Veiga formará parte da selección española sub-16 no Torneo Desarrollo UEFA de Irlanda do Norte do 10 ao 15 de marzo.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
25ª xornada: ZAMORA CF 1 - FABRIL 2 (Mati Castillo e David Vilan)

Categoría xuvenil
División de Honra, 23ª xornada: XUVENIL A 2 (Zoe e Noé) - CD COVADONGA 0

Liga Nacional, 24ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - XUVENIL B 4 (José Rey -2- e Rubén -2-)

Categoría cadete
División de Honra, 22ª xornada: CADETE 7 (Miguel de Labra -3-, Diego -2- e Janusz -2-) - UD OURENSE 1
División de Honra, 22ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Héctor) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

Categoría infantil
División de Honra, 20ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Pablo Barral) - INFANTIL 6 (Picallo, Raúl, Gabri, Nikolay e Sergio Cortizo -2-)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte, 2ª xornada: UC CEE 0 - ALEVÍN 8 (Sergio Fernández -2-, Martín López -2-, Hugo Macedo, Jorge Fernández, David Gómez e Rui Caamaño)

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 17ª xornada: ALEVÍN A 1 (Hugo Macedo) - CD CALASANZ 0
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 17ª xornada: IMPERÁTOR OAR - FABRIL FC ALEVÍN, o mércores 6 de marzo ás 20:00 en San Pedro de Visma (campo 1)

Trofeo 20 Aniversario do FC Kumanovo, en Kumanovo
Primeira Fase
Venres 1 de marzo
NK BRINJE GROSUPLJE 0 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Miguel Candal)
FC KUMANOVO EUROSPORT 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Thiago López -2- e Hugo Álvarez)

Sábado 2 de marzo
FABRIL FC ALEVÍN 12 (Hugo Álvarez -4-, Hugo Quintela -3-, Nacho Villanueva -2-, Alejandro Astray -2- e Xiao Fontao) - KHS MALTA 0

Domingo 3 de marzo
Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Alejandro Astray) - FK SARAJEVO 0

Final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Hugo Álvarez) - ESTRELLA ROJA 3

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 17ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2 - BENXAMÍN A 3 (Alberto Novo, Antón Fernández e Yago Prieto)

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 17ª xornada: UD CARRAL 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Martín Martelo, Leo Galván -2-, Nico Castro, César Leira e Gael Fernández)