RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da xornada reducida en ANOSACANTEIRA, con cara e cruz para Xuvenil A e Fabril

Xornada reducida en ANOSACANTEIRA a consecuencia da festividade da Semana Santa.

Por este motivo, só tiveron competición oficial 2 equipos, o Fabril en Segunda Federación e o Xuvenil A na División de Honra, este xa o pasado xoves ante o Atlético Perines no campo principal de Abegondo. 

O conxunto que prepara Manuel Pablo liquidou con relativa comodidade o choque (4-0) ante os cántabros e mantense no grupo perseguidor do líder, o Real Racing Club.

Pola súa banda o Fabril (na foto da noticia), perdeu (0-1) este mediodía na Cidade Deportiva co UP Langreo e non logrou sumar a súa 3ª vitoria consecutiva en Segunda Federación.

Óscar Gilsanz manifestou en rolda de prensa que este resultado "non me cambia a perspectiva. Levamos 29 xornadas sabendo que a dificultade está na competición, no día a día, no rival que nos toca cada semana".

Ten claro que "nin gañando hoxe o Fabril estaba salvado e por tanto a nosa perspectiva cara á clasificación non nos cambia absolutamente nada. Sabemos que temos que seguir pelexando moito, que esta categoría está moi cara para todos, para os filiais tamén. Vemos as dificultades que están a ter practicamente todos os filiais, co cal nós estamos na pelexa que criamos que íamos estar".

Asegura que "estamos tranquilos niso pero moi activos porque o equipo está a traballar ben, os xogadores están a facer un esforzo importante no día a día. Ese é o camiño para ter ese rendemento bo que nos faga sumar puntos".

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
29ª xornada: FABRIL 0 - UP LANGREO 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 25ª xornada (xoves 28): XUVENIL A 4 (Guerrero -2- Noé e Héctor) - ATLÉTICO PERINES 0